Ir al contenido principal

O luxo de tomarnos a vida máis amodo

O noso día a día foise acelerando a medida que pasan os anos. As rutinas víronse reinventadas polas novas tecnoloxías, interpretamos cantidades inxentes de información sen o tempo necesario para comprendela. Corremos de un lado a outro sen gozar de onde estamos e comemos sen saborear os pratos que probamos. Esta frenética tendencia provocou a aparición dun novo estilo de vida, o movemento Slow.

Con este movemento xurdiu unha nova forma de pensar o turismo, o Slow Travel como contraposición ao turismo de masas. Esta idea orixinouse en Italia, como unha sección do movemento slow food. Os italianos reivindicaban xa nos anos 80 a gastronomía local fronte á cultura fast-food. E así, esta idea foise adaptando ao mundo do turismo. O turismo lento rompe moitos moldes impostos polas axencias de viaxes, propón pequenas cidades fronte ás capitais mundiais, culturas locais fronte a cultura uniformada, improvisación fronte a paquetes e integración fronte a contemplación. 

Algunhas das  claves do turismo slow son:


  • Os destinos non son grandes centros turísticos saturados, senón todo o contrario.
  • A estancia ten que ser polo menos de unha semana. É necesario o tempo para coñecer o atractivo da zona. 
  • O aloxamento escollido é sinxelo.
  • As actividades do turista slow están orientadas a coñecer o destino pero tamén a relacionarse coa xente da localidade. 
  • O viaxeiro de este tipo de turismo é respectuoso co entorno de acollida.

Para considerar que un lugar é un destino slow débese asumir unha serie de compromisos concretos: incentivar a agricultura, gastronomía e o comercio local, recuperación de zonas monumentais e centros históricos e non superar os 50.000 habitantes, garantindo así a calidade.

Para acceder ao turismo slow non temos que escaparnos moi lonxe, estou segura de que hai millóns de lugares en Galicia que aínda non coñecedes. A páxina web do Turismo Slow Norte de Galicia  ofrécenos vivencias únicas en diferentes destinos con encanto. Animariádesvos a vivir esta nova experiencia? 

Un post de Carla Río Vea

  • FONTES DE INFORMACIÓN:
Turismo Slow Norte de Galicia, dispoñible en liña en: 
http://turismoslow.gal/ [Consulta: 29 de novembro de 2017]
Hosteltur, dispoñible en liña en:  
https://www.hosteltur.com/123596_turismo-slow-alternativa-vacaciones-masificadas.html [Consulta: 28 de novembro de 2017]
20 minutos, dispoñible en liña en:
http://www.20minutos.es/noticia/1038578/0/turismo/lento/calidad/ [Consulta: 28 de novembro de 2017]
Territorio, dispoñible en liña en:
http://territorio.es/el-modelo-slow-tourism-de-nueva-zelanda/ [Consulta: 28 de novembro de 2017]
Ocio dinámico, dispoñible en liña en: 
http://www.ociodinamico.es/articulos_turismo_innovacion_competitividad/slow_travel_el_arte_de_viajar-con_calma.html  [Consulta: 29 de novembro de 2017]

Comentarios

Entradas populares de este blog

Centralización ou descentralización?

Imaxinemos por uns intres que un día pola mañá ó espertar, antes de ir traballar ou estudar, poñemos un pé no chan e non podemos evitar ser engulidos por unha fenda espazo-temporal que nos transporte cara os inicios da humanidade. A través dista viaxe veríamos tribos cazando en grupo enormes mamuts, xefes ordenando levantar monólitos xigantescos ou pirámides, guerras máis ou menos coordinadas entre distintas faccións e reinos que aparecerían e desaparecerían a velocidade vertixinosa. Unha das cousas que sacaríamos en limpo da nosa experiencia é aquilo que algún filósofo dixo de que o ser humano é esencialmente social, é dicir, apóiase nos demais para conseguir o que por si mesmo non podería. Chegar a lúa, por exemplo. Sería imposible que o mesmo astronauta desenvolvese as matemáticas, perfeccionase a minería, construíse o foguete, fose alá e volvese para contarllo ós seus amigos. Tendo isto claro, podemos dicir que os humanos sempre trataron de dividir as tarefas e administrar o coñe...

Imaginemos dónde pueden llevarnos las emociones...

Desde que tenemos uso de razón, hemos oído decir que el Cociente intelectual (IQ) es un buen indicador para saber si una persona será exitosa en la vida. La puntuación del test de inteligencia, decían, podría establecer una relación fuerte con el desempeño académico y el éxito profesional.  Desde niños vemos cuestionada nuestra valía por simples números, cuyo único propósito parece radicar en etiquetarnos, tú eres listo porque sacas un nueve en un examen de una materia y tendrás éxito en la vida y el que saca un tres no lo tendrá… En la empresa hoy día, y ya desde hace unas décadas los investigadores y las corporaciones empezaron a detectar que las capacidades y habilidades necesarias para tener éxito en la vida eran otras, y éstas no eran evaluables mediante ningún test de inteligencia y/o un examen.  Es necesario tener en cuenta una concepción más amplia de lo que son las habilidades cognitivas básicas, aquello que entendemos que es la inteligencia.  ...

Apostemos polo turismo cinematográfico

Quen non soñou algunha vez con estar no mesmo sitio que onde se rodou a túa película ou serie favorita? Eu mesma afirmo que visitei Inglaterra para sentirme dentro do universo de Harry Potter o incluso esas praderías verdes onde se rodou Xogo de tronos. O mundo do cine é fascinante e España foi prato de películas míticas, ademais de festivais de cine como San Sebastián e o Hotel María Cristina con mais de 100 anos de historia e o hotel por excelencia deste festival, ademais de que contamos co hotel das estrelas o Barceló Formentor.  O turismo cinematográfico converteuse nunha venta promocional para moitas localidades. Por exemplo dende a rodaxe de escenas de Xogo de tronos, creáronse tours en España onde se inclúen as localizacións do Castelo de Zafra e a praza de toros de Osuna, experimentando un aumento do interese de viaxeiros tras a súa aparición, e esperase que se sumen outros destinos na seguinte temporada.  A comunidade de Andalucía en colaboración con An...