Ir al contenido principal

O hotel sostible

As claves dun hotel sostible son a conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o turismo sega sendo un importante motor económico no futuro.


Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes.
1.    A arquitectura sostible
Esta nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa).
2.    O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga
Inténtase acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce nunha diminución considerable das emisións de CO2 e en un aforro significativo de custes.
3.    Eco-provedores: produtos e servizos respectuosos co medio ambiente
Á hora de elixir con quen colaborar debemos ter en conta se comparten os nosos valores e principios asociados ao desenvolvemento sostible e xestionen os seus propios negocios deste xeito. Como pode ser o uso de produtos de limpeza biodegradables e alimentos procedentes da agricultura ecolóxica.
4.    Xestión selectiva de residuos e reciclaxe
Para isto temos que evitar mercar materiais e envases que dificultan ou imposibilitan a reciclaxe, xestionar de maneira selectiva os residuos máis tóxicos e contaminantes e fomentar o uso de materiais reciclados.
5.    Desenvolvemento sostible da economía local
Contribuír mediante a contratación e compra a provedores e produtores locais seguindo os criterios do comercio xusto.
6.    Conservación do entorno natural e da identidade e o patrimonio cultural local
Axudar co mantemento, conservación e limpeza do entorno e coa protección e recuperación de espazos naturais
7.    Concienciación e formación dos empregados
Mediante campañas de sensibilización, formación específica en materia de sostibilidade e programas de incentivos.
8.    Sensibilización e colaboración dos clientes
A existencia dunha política medio ambiental nun establecemento hoteleiro é un activo intanxible que da prestixio e incrementa a súa reputación. As campañas de sensibilización dirixidas aos clientes poden transformalos en colaboradores e protagonistas das melloras medio ambientais, xa que moitos dos impactos negativos están directamente relacionados co seu comportamento.

Deben os hoteis cobrar máis aos seus clientes polo feito de ser sostibles? Persoalmente penso que ser sostible debe ser unha aposta a medio-largo prazo polo que non debe repercutir no prezo da habitación. 

Por outra banda creo que non debemos deixar a responsabilidade ecolóxica tan so en mans das empresas senón, que dende a nosa casa, debemos contribuír nestas prácticas e así poder facer un mundo un pouco mellor.
WEBGRAFÍA
 Páxina de información sostible, dispoñible en liña  en http://www.sostenibilidad.com/construccion-y-urbanismo/como-es-un-hotel-sostenible/.Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
-       Hoteles sostenibles, dispoñible en liña en http://hotelessostenibles.com/que-es-un-hotel-sostenible/. Consultado o 2 de febreiro de 2018.

-       Diario del viajero, dispoñible en liña en https://www.diariodelviajero.com/tecnologia/que-es-un-hotel-sostenible-y-que-medidas-adopta-para-serlo. Consultado o 2 de febreiro de 2018.

Comentarios