Quen non soñou algunha vez con estar no mesmo sitio que onde se rodou a túa película ou serie favorita? Eu mesma afirmo que visitei Inglaterra para sentirme dentro do universo de Harry Potter o incluso esas praderías verdes onde se rodou Xogo de tronos. O mundo do cine é fascinante e España foi prato de películas míticas, ademais de festivais de cine como San Sebastián e o Hotel María Cristina con mais de 100 anos de historia e o hotel por excelencia deste festival, ademais de que contamos co hotel das estrelas o Barceló Formentor. O turismo cinematográfico converteuse nunha venta promocional para moitas localidades. Por exemplo dende a rodaxe de escenas de Xogo de tronos, creáronse tours en España onde se inclúen as localizacións do Castelo de Zafra e a praza de toros de Osuna, experimentando un aumento do interese de viaxeiros tras a súa aparición, e esperase que se sumen outros destinos na seguinte temporada. A comunidade de Andalucía en colaboración con An...