Ir al contenido principal

O noso centro









O CIFP Compostela é un Centro Integrado de Formación Profesional, composto polas familias profesionais de Servizos á Comunidade, Artes Gráficas, Industrias Alimentarias e Hostalaría e Turismo. Actualmente somos unha entidade de referencia da formación profesional en Galicia pero a nosa andaina foi longa; para ser exactos, durou nada máis nin nada menos que medio século.

Se queres coñecer un pouco máis da nosa longa traxectoria, podes informarte aquí.

Deixamos tamén este pequeno vídeo feito con motivo do 50 aniversario do centro. Agardamos que vos guste!

 #eusonlamasdeabade 💪







O IES Vilamarín iniciou a súa andaina como centro-residencia de FP no curso académico 1989-1990, impartindo ensinanzas de FP da familia de agraria e incorporando máis adiante ciclos das Familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias. 
Este centro situado en Borulfe foi e segue a ser, un elemento clave na evolución e profesionalización do sector hostaleiro ourensán.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Centralización ou descentralización?

Imaxinemos por uns intres que un día pola mañá ó espertar, antes de ir traballar ou estudar, poñemos un pé no chan e non podemos evitar ser engulidos por unha fenda espazo-temporal que nos transporte cara os inicios da humanidade. A través dista viaxe veríamos tribos cazando en grupo enormes mamuts, xefes ordenando levantar monólitos xigantescos ou pirámides, guerras máis ou menos coordinadas entre distintas faccións e reinos que aparecerían e desaparecerían a velocidade vertixinosa. Unha das cousas que sacaríamos en limpo da nosa experiencia é aquilo que algún filósofo dixo de que o ser humano é esencialmente social, é dicir, apóiase nos demais para conseguir o que por si mesmo non podería. Chegar a lúa, por exemplo. Sería imposible que o mesmo astronauta desenvolvese as matemáticas, perfeccionase a minería, construíse o foguete, fose alá e volvese para contarllo ós seus amigos. Tendo isto claro, podemos dicir que os humanos sempre trataron de dividir as tarefas e administrar o coñe...

Imaginemos dónde pueden llevarnos las emociones...

Desde que tenemos uso de razón, hemos oído decir que el Cociente intelectual (IQ) es un buen indicador para saber si una persona será exitosa en la vida. La puntuación del test de inteligencia, decían, podría establecer una relación fuerte con el desempeño académico y el éxito profesional.  Desde niños vemos cuestionada nuestra valía por simples números, cuyo único propósito parece radicar en etiquetarnos, tú eres listo porque sacas un nueve en un examen de una materia y tendrás éxito en la vida y el que saca un tres no lo tendrá… En la empresa hoy día, y ya desde hace unas décadas los investigadores y las corporaciones empezaron a detectar que las capacidades y habilidades necesarias para tener éxito en la vida eran otras, y éstas no eran evaluables mediante ningún test de inteligencia y/o un examen.  Es necesario tener en cuenta una concepción más amplia de lo que son las habilidades cognitivas básicas, aquello que entendemos que es la inteligencia.  ...

O hotel sostible

As claves dun hotel sostible son a conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o turismo sega sendo un importante motor económico no futuro. Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes. 1.     A arquitectura sostible Esta nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa). 2.     O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga Inténtase acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce nunha di...