As claves dun hotel sostible son a
conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e
culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades
nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o
turismo sega sendo un importante motor económico no futuro.
Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade
no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes.
1. A arquitectura sostible
Esta
nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio
durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas
construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas
de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa).
2. O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga
Inténtase
acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce
nunha diminución considerable das emisións de CO2 e en un aforro significativo
de custes.
3.
Eco-provedores: produtos e
servizos respectuosos co medio ambiente
Á
hora de elixir con quen colaborar debemos ter en conta se comparten os nosos
valores e principios asociados ao desenvolvemento sostible e xestionen os seus
propios negocios deste xeito. Como pode ser o uso de produtos de limpeza
biodegradables e alimentos procedentes da agricultura ecolóxica.
4.
Xestión selectiva de residuos
e reciclaxe
Para
isto temos que evitar mercar materiais e envases que dificultan ou
imposibilitan a reciclaxe, xestionar de maneira selectiva os residuos máis
tóxicos e contaminantes e fomentar o uso de materiais reciclados.
5.
Desenvolvemento sostible da
economía local
Contribuír
mediante a contratación e compra a provedores e produtores locais seguindo os
criterios do comercio xusto.
6.
Conservación do entorno
natural e da identidade e o patrimonio cultural local
Axudar
co mantemento, conservación e limpeza do entorno e coa protección e
recuperación de espazos naturais
7.
Concienciación e formación
dos empregados
Mediante
campañas de sensibilización, formación específica en materia de sostibilidade
e programas de incentivos.
8. Sensibilización e colaboración dos clientes
A
existencia dunha política medio ambiental nun establecemento hoteleiro é un
activo intanxible que da prestixio e incrementa a súa reputación. As campañas
de sensibilización dirixidas aos clientes poden transformalos en colaboradores
e protagonistas das melloras medio ambientais, xa que moitos dos impactos
negativos están directamente relacionados co seu comportamento.
Deben os hoteis cobrar máis aos seus clientes polo feito de ser sostibles? Persoalmente penso que ser sostible debe ser unha aposta a medio-largo prazo polo que non debe repercutir no prezo da habitación.
Por
outra banda creo que non debemos deixar a responsabilidade ecolóxica tan so en
mans das empresas senón, que dende a nosa casa, debemos contribuír nestas
prácticas e así poder facer un mundo un pouco mellor.
WEBGRAFÍA
- Páxina de información
sostible, dispoñible en liña en
http://www.sostenibilidad.com/construccion-y-urbanismo/como-es-un-hotel-sostenible/.Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- Hoteles sostenibles,
dispoñible en liña en
http://hotelessostenibles.com/que-es-un-hotel-sostenible/. Consultado o 2 de
febreiro de 2018.
- Diario del viajero,
dispoñible en liña en
https://www.diariodelviajero.com/tecnologia/que-es-un-hotel-sostenible-y-que-medidas-adopta-para-serlo.
Consultado o 2 de febreiro de 2018.

Comentarios
Publicar un comentario