Ir al contenido principal

Centralización ou descentralización?


Imaxinemos por uns intres que un día pola mañá ó espertar, antes de ir traballar ou estudar, poñemos un pé no chan e non podemos evitar ser engulidos por unha fenda espazo-temporal que nos transporte cara os inicios da humanidade. A través dista viaxe veríamos tribos cazando en grupo enormes mamuts, xefes ordenando levantar monólitos xigantescos ou pirámides, guerras máis ou menos coordinadas entre distintas faccións e reinos que aparecerían e desaparecerían a velocidade vertixinosa. Unha das cousas que sacaríamos en limpo da nosa experiencia é aquilo que algún filósofo dixo de que o ser humano é esencialmente social, é dicir, apóiase nos demais para conseguir o que por si mesmo non podería. Chegar a lúa, por exemplo. Sería imposible que o mesmo astronauta desenvolvese as matemáticas, perfeccionase a minería, construíse o foguete, fose alá e volvese para contarllo ós seus amigos. Tendo isto claro, podemos dicir que os humanos sempre trataron de dividir as tarefas e administrar o coñecemento. 


Esta especialización das dotes comunicativas e administrativas é, entre outras cousas, o que fixo que, co tempo, o humano se erixise no depredador  por excelencia e acabase por dominar o planeta Terra. Pero, de qué xeito o fixo? A tese desta entrada é que se fixo a partires dunha loita louca entre a centralización e a descentralización aínda sen rematar. Algúns argumentarán que o mundo tende á centralización pero, a pesares da tecnoloxía que temos a man, é iso certo? Poñamos por exemplo a hexemonía do Inglés ou o Latín no  seu momento. Non é certo que, dado un tempo, esa hexemonía rompeu e hoxe esas linguas diluíronse noutras ou están a facelo? Non é certo que o Imperio Romano, exemplo de centralización, deu paso a unha chea de reinos no Medievo? Non é certo que o mosaico das cidades-estado renacentistas italianas deron paso a un país máis centralizado?

Aceptemos pois que a centralización e a descentralización son fenómenos complementarios como a luz e a escuridade e prosigamos a aplicalo á empresa turística. Nun hotel, por exemplo, cómo as definiríamos e cáles serían as vantaxes e desvantaxes da centralización ou da descentralización? Como definición poderíamos dicir que a centralización consiste nunha concentración de autoridade mentres a descentralización é o proceso oposto, é dicir, facer que a autoridade sexa exercida por distintos puntos de poder. Como xa se intúe nos exemplos previos, canto maiores son as dimensións da organización maior tendencia á descentralización. Algúns pensan que un goberno global é posíbel, eu atreveríame a dicir que é bastante improbábel. 

Pasemos entón ás vantaxes da centralización nunha empresa, que virían sendo diversas. Por unha beira, o que toma decisións conta cunha visión global e adoita estar mellor formado e informado que o resto. Ademais, elimínanse as duplicacións da descentralización e permítese unha maior especialización dalgunhas das funcións, deste xeito economizando os recursos.

Para maior ilustración faise preciso aportar un exemplo que atoparíamos nun hotel cuxo propietario é tamén o director e recepcionista. Trataríase dun negocio familiar no que traballan varios dos seus fillos máis o persoal de limpeza. Neste caso, e recalcando que a personalidade de dito propietario é moi autoritaria, estaríamos a falar dunha centralización da autoridade nunha empresa turística. O oposto acontecería nunha cadea hoteleira de alcance internacional, posto que precisaría de xefes locais que coñecesen mellor o mercado para así adaptarse mellor. Non esquezamos que canto máis grande sexa unha organización máis tenderá á descentralización. Hai, dito sexa, exemplos excepcionais, non hai dúbida. Pensemos no caso do goberno chino se nos aventuramos en casos políticos. Ou o caso de Suíza, que aínda que é un país pequeno está fortemente descentralizado nos seus cantóns. Non obstante, as excepcións non deben de resultarnos molestas senón enriquecedoras. Faltaría máis.

Agora chega o momento de mencionar as vantaxes da descentralización. Nela percibimos que os xefes están máis preto de ónde se deben tomar decisións. Outra vantaxe é que se pode lograr unha maior eficiencia do tempo e aptitudes dos traballadores e que os gastos de coordinación poden ser reducidos debido á maior autonomía.

Subitamente, a nosa viaxe remata e volvemos algo mareados á nosa habitación. Unha voz pregunta: Cáles cres que son as desvantaxes da centralización e a descentralización?

Un post de Andrés Varela.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Imaginemos dónde pueden llevarnos las emociones...

Desde que tenemos uso de razón, hemos oído decir que el Cociente intelectual (IQ) es un buen indicador para saber si una persona será exitosa en la vida. La puntuación del test de inteligencia, decían, podría establecer una relación fuerte con el desempeño académico y el éxito profesional.  Desde niños vemos cuestionada nuestra valía por simples números, cuyo único propósito parece radicar en etiquetarnos, tú eres listo porque sacas un nueve en un examen de una materia y tendrás éxito en la vida y el que saca un tres no lo tendrá… En la empresa hoy día, y ya desde hace unas décadas los investigadores y las corporaciones empezaron a detectar que las capacidades y habilidades necesarias para tener éxito en la vida eran otras, y éstas no eran evaluables mediante ningún test de inteligencia y/o un examen.  Es necesario tener en cuenta una concepción más amplia de lo que son las habilidades cognitivas básicas, aquello que entendemos que es la inteligencia.  ...

O hotel sostible

As claves dun hotel sostible son a conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o turismo sega sendo un importante motor económico no futuro. Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes. 1.     A arquitectura sostible Esta nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa). 2.     O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga Inténtase acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce nunha di...