Ir al contenido principal

Big Data e a súa aplicación no sector turístico


O século XXI trouxo consigo a transformación dixital. Os avances tecnolóxicos supoñen un cambio radical nas estruturas da comunicación e na maneira na que os consumidores se informan e fan uso dos produtos e servizos. En xeral, todos os sectores da economía teñen a necesidade de actuar con rapidez para adaptarse ao entorno online e garantir así a súa propia supervivencia neste “Novo Mundo”. O turismo non se queda atrás, grazas ao Big Data ten a oportunidade de transformar a maneira de ofertar os seus servizos, adaptándose aos cambios.
O Big Data é un termo que describe o gran volume de datos, tanto estruturados como non estruturados, que inundan os negocios cada día. Este pódese analizar para obter ideas que nos leven a tomar as mellores decisións e movementos de negocios estratéxicos.

Deixamos atrás estudos baseados en enquisas, para achegarse aos gustos e preferencias do viaxeiro. Na actualidade, cada vez máis empresas confían no uso do análise Big Data, isto aporta unha maior fiabilidade nos resultados xa que se nutren non so en opinións que verten os usuarios, senón na pegada dixital que deixan na web, que describen o que o viaxeiro real e potencial efectivamente fai. 

Os parámetros clave que o Big Data nos axuda a definir e cos que se poden mellorar a calidade dos servizos, a toma de decisións e a xestión dos negocios turísticos son: As visitas (cantos visitantes se reciben e de onde veñen), a estancia (tempo medio por nacionalidades), os desprazamentos entre ambas cidades, os lugares preferidos para pasar a noite e os niveis de gasto, tanto globais como na categoría de aloxamento.

Esta tecnoloxía permítenos atraer e fidelizar ao viaxeiro. Coñecendo mellor ao cliente pode dar como resultado un produto e servizo adaptado a este e, por conseguinte, un consumidor moito máis satisfeito. O viaxeiro ademais de consumir o produto ou servizo, produce contido na web, polo que é moi importante o seu grao de satisfacción.

Saber o que pasa en cada momento pode axudar a anticiparse aos comportamentos tanto do cliente turístico como do mercado. Reaccionar dunha forma máis eficiente e inmediata e así anticiparnos ás necesidades dos consumidores, tomando decisións intelixentes.

Grazas ao Big Data atopamos novas oportunidades no turismo. A través dunha segmentación máis axustada, é posible medir o momento e maneira óptimos de lanzar un produto ou servizo segundo as preferencias e accións observadas nos usuarios, poñendo a disposición do viaxeiro unha experiencia de viaxe máis intelixente e personalizada.

Como punto final cabe mencionar que aínda quedan desafíos por resolver. Como pode ser a dificultade de atopar profesionais con coñecementos Big Data e o problema de garantir un uso responsable dos datos para non vulnerar a privacidade do consumidor.

Un post de Carla Río Vea


Fontes de información:

-Hosteltur, dispoñible en liña en: https://www.hosteltur.com/comunidad/005340_las-6-claves-del-uso-del-big-data-en-el-turismo.html [Consulta: 21 de novembro de 2017]
-Thinktur, plataforma tecnolóxica do turismo, dispoñible en liña en:
-Segittur, dispoñible en liña en:
-Emprendedores, dispoñible en liña en: http://www.emprendedores.es/gestion/big-data-turismo l [Consulta: 21 de novembro de 2017]
-Instituto tecnológico hotelero, dispoñible en liña en:
-El economista, dispoñible en liña en:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Centralización ou descentralización?

Imaxinemos por uns intres que un día pola mañá ó espertar, antes de ir traballar ou estudar, poñemos un pé no chan e non podemos evitar ser engulidos por unha fenda espazo-temporal que nos transporte cara os inicios da humanidade. A través dista viaxe veríamos tribos cazando en grupo enormes mamuts, xefes ordenando levantar monólitos xigantescos ou pirámides, guerras máis ou menos coordinadas entre distintas faccións e reinos que aparecerían e desaparecerían a velocidade vertixinosa. Unha das cousas que sacaríamos en limpo da nosa experiencia é aquilo que algún filósofo dixo de que o ser humano é esencialmente social, é dicir, apóiase nos demais para conseguir o que por si mesmo non podería. Chegar a lúa, por exemplo. Sería imposible que o mesmo astronauta desenvolvese as matemáticas, perfeccionase a minería, construíse o foguete, fose alá e volvese para contarllo ós seus amigos. Tendo isto claro, podemos dicir que os humanos sempre trataron de dividir as tarefas e administrar o coñe...

Imaginemos dónde pueden llevarnos las emociones...

Desde que tenemos uso de razón, hemos oído decir que el Cociente intelectual (IQ) es un buen indicador para saber si una persona será exitosa en la vida. La puntuación del test de inteligencia, decían, podría establecer una relación fuerte con el desempeño académico y el éxito profesional.  Desde niños vemos cuestionada nuestra valía por simples números, cuyo único propósito parece radicar en etiquetarnos, tú eres listo porque sacas un nueve en un examen de una materia y tendrás éxito en la vida y el que saca un tres no lo tendrá… En la empresa hoy día, y ya desde hace unas décadas los investigadores y las corporaciones empezaron a detectar que las capacidades y habilidades necesarias para tener éxito en la vida eran otras, y éstas no eran evaluables mediante ningún test de inteligencia y/o un examen.  Es necesario tener en cuenta una concepción más amplia de lo que son las habilidades cognitivas básicas, aquello que entendemos que es la inteligencia.  ...

O hotel sostible

As claves dun hotel sostible son a conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o turismo sega sendo un importante motor económico no futuro. Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes. 1.     A arquitectura sostible Esta nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa). 2.     O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga Inténtase acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce nunha di...