Ir al contenido principal

Tendencias nos eventos empresariais

Nos derradeiros anos podemos observar que as reunións de empresa, que “a priori” semellan aburridas ou tediosas, estanse a modernizar e resultar cada vez mais innovadoras e ata incluso divertidas. 



A continuación uns “tips” que non aseguran o éxito, pero que si  poden axudar a acadalo:

-Obxetivo do evento. Antes de nada hai que ter clara a finalidade do acto. Qué pretendemos conseguir? Ter claras dende un inicio as metas que se queren acadar facilitará chegar ao camiño do éxito. Para iso, as metas deberán ser específicas, medibles, consensuadas e realistas. De nada serve querer conseguir obxetivos que non están ao noso alcance. É mellor ir pouco a pouco.

-Organizar as tarefas. Preparar unha lista con tódalas cousas que imos empregar e que van ser necesarias para a realización do evento. Planificalo todo, intentar que nada quede ao azar.

-Pausas para a práctica de exercicio e comida saudábel. Esta é unha boa opción para fomentar a productividade e creatividade dos empregados e incluso o compañeirismo e a boa relación entre eles.

-Aplicacións móviles para o evento. As apps están mais de moda que nunca, pódese dicir que hai “apps para todo” e como non, tamén para as reunións empresariais. Este é unha boa fórmula que axuda a que os asistentes se organicen de forma sinxela (axendas, mensaxería, toma de notas…) todo isto fomentará a productividade.

-O medioambente presente. Incluir iniciativas ecolóxicas será todo un acerto. Empregar axendas electrónicas para aforrar papel, utilizar conexión WiFi de alta velocidade e as aplicacións móviles minimizan os custes de impresións en papel.

-O espazo axeitado. A ubicación será un factor moi importante a ter en conta. Sempre se buscará un lugar que favoreza a tranquilidade e que que fomente o traballo en equipo. Luz e temperatura axeitadas. Espazo cómodo, minimalista e elegante.

-Técnicas novidosas para a recollida de ideas. Brainstorming ou tormenta de ideas, brainwriting, método 365, seis sombreiros para pensar...

-Deseñar normas que se deberán cumplir durante a celebración da reunión. Por exemplo: 
Disposición para expor as ideas espontáneamente.
Evitar valorar os aspectos negativos das ideas expostas.
A estratexia de comunicación. Crear un mecanismo que chegue, que sexa sinxelo pero eficaz, que transmita o concepto de imaxe de empresa que queremos que os demais teñan de nós.

I

FONTES DE INFORMACIÓN

 Agencia de comunicación interna, talentos reunidos. Dispoñible en liña:
https://talentosreunidos.com/2012/04/02/reuniones-creativas-efectivas-3/ Consultado 01/12/2017

Servis, empresa de servizos e organizacións. Dispoñible en liña:
http://tuespaciovende.servisgroup.es/claves-organizar-eventos-empresariales/
Consultado: 02/12/2017

Katering blue, centro de convencións. Dispoñible en liña:
http://kateringblue.co/tendencias-que-marcan-la-organizacion-de-eventos/
Consultado 02/12/2017

Carlos Guerra Terol, blog. Dispoñible en liña:
https://carlosguerraterol.com/como-organizar-evento-exitoso-empresa/
Consultado 03/12/2017

Comentarios

Entradas populares de este blog

Centralización ou descentralización?

Imaxinemos por uns intres que un día pola mañá ó espertar, antes de ir traballar ou estudar, poñemos un pé no chan e non podemos evitar ser engulidos por unha fenda espazo-temporal que nos transporte cara os inicios da humanidade. A través dista viaxe veríamos tribos cazando en grupo enormes mamuts, xefes ordenando levantar monólitos xigantescos ou pirámides, guerras máis ou menos coordinadas entre distintas faccións e reinos que aparecerían e desaparecerían a velocidade vertixinosa. Unha das cousas que sacaríamos en limpo da nosa experiencia é aquilo que algún filósofo dixo de que o ser humano é esencialmente social, é dicir, apóiase nos demais para conseguir o que por si mesmo non podería. Chegar a lúa, por exemplo. Sería imposible que o mesmo astronauta desenvolvese as matemáticas, perfeccionase a minería, construíse o foguete, fose alá e volvese para contarllo ós seus amigos. Tendo isto claro, podemos dicir que os humanos sempre trataron de dividir as tarefas e administrar o coñe...

Imaginemos dónde pueden llevarnos las emociones...

Desde que tenemos uso de razón, hemos oído decir que el Cociente intelectual (IQ) es un buen indicador para saber si una persona será exitosa en la vida. La puntuación del test de inteligencia, decían, podría establecer una relación fuerte con el desempeño académico y el éxito profesional.  Desde niños vemos cuestionada nuestra valía por simples números, cuyo único propósito parece radicar en etiquetarnos, tú eres listo porque sacas un nueve en un examen de una materia y tendrás éxito en la vida y el que saca un tres no lo tendrá… En la empresa hoy día, y ya desde hace unas décadas los investigadores y las corporaciones empezaron a detectar que las capacidades y habilidades necesarias para tener éxito en la vida eran otras, y éstas no eran evaluables mediante ningún test de inteligencia y/o un examen.  Es necesario tener en cuenta una concepción más amplia de lo que son las habilidades cognitivas básicas, aquello que entendemos que es la inteligencia.  ...

O hotel sostible

As claves dun hotel sostible son a conservación do medio ambiente, o respecto e o fomento dos valores sociais e culturais do seu entorno e o desenvolvemento económico sostible das comunidades nas que se atopa. Este uso responsable dos recursos vai ser o que permita que o turismo sega sendo un importante motor económico no futuro. Para poder mergullarnos no mundo da sostibilidade no turismo convén ter en conta algunhas claves importantes. 1.     A arquitectura sostible Esta nos vai asegurar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética dun edificio durante todo o seu ciclo de vida. Temos que ter en conta a selección de materiais e sistemas construtivos respectuosos co medio ambiente. Así como a instalación de sistemas de captación de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, biomasa). 2.     O uso eficiente dos recursos: enerxía e auga Inténtase acadar a máxima redución na demanda de enerxía e de auga, o que se traduce nunha di...